Regulamento.

REGULAMENTO

         1. OBXECTO DO REGULAMENTO
Este regulamento será a norma básica pola que se rexerá o Club de Debate.

         2. PARTICIPACIÓN
Poderán participar na actividade todas as persoas maiores de 14 anos. 

         3. EXCEPCIÓNS
O Club de Debate rexerase pola seguinte normativa; pero por motivos de forza maior, ou por decisión xustificada da organización poderán establecerse excepcións en canto ao establecido neste regulamento.

         4. OS EQUIPOS
Cada equipo de traballo estará composto por un mínimo de catro membros e un máximo de dez. É requisito indispensable que os equipos sexan mixtos.
Os membros de cada equipo elixiranse o principio de cada sesión, os cales non deberase repetir os mesmos equipos de sesión pasadas.

         4.1. PERSOA DELEGADA DA ORGANIZACIÓN.
En cada sesión do Club de Debate nomearase unha persoa delegada da organización. As súas funcións serán:
• Velar polo cumprimento do regulamento por parte dos membros dos equipos.
• Dar a palabra as interpelacións formais dos equipos, así como resolver as condutas non disciplinarias: actitude que demostre ofensa ou menosprezo con respecto ao equipo contrincante. Comportamento inadecuado (presións antideportivas, insultos, discriminacións de calquera tipo dirixidas a unha persoa ou dentro do seu discurso cara a grupos sociais, raciais, relixiosos, etc.)  impostas nun debate, e levalas ao coordinador, que será o que resolva.

        5. TEMAS DE DEBATE.
Os debates sempre versarán sobre temas controvertidos e se pode ser de actualidade. Estes consistirán nunha pregunta ou afirmación que dea lugar a posturas opostas, cada unha das cales será defendida por un equipo.

        6. O DEBATE.

        6.1. IDIOMA
O idioma da actividade será o galego ou o castelán, este será elixido polos membros do club de debate, una vez elixido manterase ata que o coordinador decida cambialo. Polo tanto una vez elixido o idioma da actividade manterase no procedemento do debate.

        6.2. DEBATENTES.
Nos debates enfrontaranse dous equipos, formado cada un deles por os membros de cada equipo.
O equipo de apoio poderá comunicarse por escrito ou verbalmente cos membros do equipo de debate, sen que en ningún momento se entorpeza a marcha normal do debate e sen molestar as persoas oradoras.

        6.3. POSTURAS QUE ADOPTARÁ CADA EQUIPO.
Nos debates, os equipos participantes defenderán posturas opostas: un equipo defenderá a postura a favor e o outro, a postura en contra. Os equipos decidiran que postura defender ou estar en contra o principio de cada sesión, no caso de non haber formación de equipo por non cumprirse os requisitos para a formación dun equipo, explicados no apartado 4, dividirase os membros en dous grupos e decidirase por sorteo quen defendera e quen estará en contra. Este sorteo será realizado polo delegado da organización do debate.

         6.4. PROCEDIMENTO DO DEBATE.
A postura a favor será a que comece o debate. As quendas de participación dos equipos durante os debates seguirán esta orde:
• AF (A favor) Exposición inicial: 5-10 minutos.
• EC (En contra) Exposición inicial: 5-10 minutos.
• AF – EC Período de refutacións: 20 minutos.
• EC Conclusións: 3-5 minutos .
• AF Conclusións: 3-5 minutos.
Duración total do debate: 36-50 minutos proximadamente.

         6.5. INTERPELACIÓNS.
Calquera membro do equipo retrucante, poderá levantar a man para interpelar a un/ha orador/a do equipo que está a realizar a súa exposición, coa intención de realizar observacións, preguntas ou comentarios.
É importante ter en conta que:
• Durante a exposición inicial e as conclusións os/as oradores/as non poderán ser interrompidos. As interpelacións só poderán realizarse nas quendas de refutación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario